
Entre as novidades da versión presentada inclúense melloras como a integración do dispositivo na licra dos competidores (na edición anterior o dispositivo estaba integrado na táboa); a detección automática do inicio da onda por parte do surfeiro, así como dos seus movementos; a transmisión en tempo real dos datos rexistrados ou a creación dunha aplicación móbil gratuíta para recibir os datos nos dispositivos móbiles dos asistentes.
Segundo Santiago Rodríguez Charlón, directivo do ITG, “a solución que presentamos neste campionato mellora a presentada en 2017 porque continuamos traballando con todas as partes involucradas no mundo do surf e tamén noutros deportes acuáticos”. En termos máis concretos, pon en xogo máis datos, mellores comunicacións, procesado automático e “unha presentación máis visual para o espectador”.
A través dunha rede sen fíos de comunicación radio, FlyThings é quen de medir a velocidade do surfeiro (instantánea, media e máxima), a distancia percorrida (instantánea e total), a forza G coa que se realiza cada xiro ou manobra, a velocidade de rotación coa que se fai cada xiro ou movemento, o número de ondas surfeadas e o número de manobras realizadas. Así mesmo, ao finalizar o percorrido na onda, elabora un resumo dos valores medidos.
O ITG sinala tamén que se trata dunha solución totalmente automatizada (non require control por parte de persoal técnico) e poderase visualizar a través dunha aplicación móbil específica que estará operativa durante a competición e a través do sinal de televisión propia do campionato.
Unha vez finalizada a manga, a ferramenta fai unha comparativa entre os diferentes competidores, engadindo aos valores devanditos e o número de ondas e de manobras totais. “Todo iso co fin de valorar, de forma obxectiva, o esforzo, a habilidade e a destreza dos deportistas”, engade o ITG.
O ITG recunca no campionato de surf de Pantín coa súa máis avanzada tecnoloxía carrexable
Compartir Este Artigo

