
“A nosa idea”, sinalan a respecto das devanditas optimizacións e das que están por vir, “é que os usuarios sigan desfrutando desta rede, xa que é de todos os galegos e galegos, unha ferramenta autóctona e propia do noso país incesante, que non obedece a ningún tipo de censuras, presións, subordinacións ou chantaxes”.
Caxigo.gal, como lembraremos, é unha iniciativa da Asociación pola Promoción e Dignificación do Galego, APRODIGA, e de Marcos Suárez, fundador e creador de Caxigo. A andaina da rede social galega comezou en 2012, coa idea de brindar á nosa comunidade internauta, ampla e estendida polo mundo enteiro, “unha fermosa e saudable andaina tecnolóxica sen retorno”.
Caxigo.gal mellora a experiencia dos seus usuarios
Compartir Este Artigo

