O proxecto Lugo Smart City, destinado a converter a cidade da Muralla nunha urbe máis intelixente e sustentable, amais de mellor comunicada e xestionada, recibiu a semana pasada un novo impulso. E fíxoo coa incorporación, por parte do Goberno local, dunha nova de liña de actividade destinada a mellorar a transparencia do Concello e incrementar o coñecemento que ten o cidadá sobre as xestións municipais, ademais de ofrecer a posibilidade de explotar, por parte de sector privado e da cidadanía, datos públicos.
O Concello engadiu que a información que en datas vindeiras se poña a disposición da veciñanza artellarase en relación a seis áreas de actuación, como son o urbanismo e a transparencia activa; as relacións coa cidadanía; a transformación económico–financeira; a transparencia nas contratacións e convenios; en materia de obras públicas e medio ambiente e no dereito de acceso á información.
En total, achegaranse máis de 80 indicadores que se publicarán en breve e “que nos permitirán compararnos dun xeito homoxéneo co resto dos Concellos dos que se avalían os índices de transparencia segundo a estrutura proposta por Transparencia Internacional”, indicou o Concello da man do concelleiro de Urbanismo, Miguel Couto.
Lugo Smart City fortalécese en materia de transparencia
Compartir Este Artigo

