
O programa interno que se vai recuperar foi desenvolvido polo informático municipal durante o segundo mandato do ex-alcalde Xosé Deira e consiste nun software que permite tramitar as incidencias directamente co departamento correspondente. O alcalde actual, José Ramón Romero, deu orde de que se recuperase e ampliase este programa para que todos os operarios municipais poidan comezar a tirarlle partido.
O obxectivo é conseguir que as tarefas a resolver se lle encarguen directamente ao profesional correspondente en cada unha das áreas de actividade municipal: obras, electricidade, limpeza viaria, xardinaría, recollida de lixo, Grumir, medio ambiente… “Desta maneira”, explica o Concello, “ponse en práctica unha nova metodoloxía de traballo que mellore a atención á cidadanía, permitindo ter datos concretos e de utilidade sobre quen solicita unha actuación, a data na que se fai e o departamento a que vai dirixida”. Este sistema, amais, vai axudar a potenciar tamén un novo organigrama de traballo dentro do propio Concello, máis efectivo e que mellore a atención dos cidadáns.
O Concello de Boiro recupera un software interno para axilizar a xestión de incidencias
Compartir Este Artigo

