Francisco Bellas, investigador do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (o CITIC) participou no congreso Robot”2019 (Fourth Iberian Robotics Conference) que se desenvolveu entre os días 20, 21 e 22 de novembro no Instituto Superior de Engenharia do Porto (ISEP). O investigador presentou dous papers, un dos cales resultou finalmente premiado, e organizou unha sesión especial sobre robótica educativa.
Esta sesión especial centrouse na presentación de novos proxectos educativos e experiencias levadas a cabo con robots en educación primaria, secundaria e superior.
O traballo premiado foi Artificial Intelligence Teaching through Embedded Systems: A Smartphone-Based Robot Approach.
Robot”2019, congreso organizado pola Sociedade Portuguesa de Robótica (SPR) e a Sociedade Española para a Investigación e Desenvolvemento en Robótica (SEIDROB), segue o tres edicións anteriores da Iberian Robotics Conference celebradas en Madrid en 2013, Lisboa 2015 e Sevilla 2017. Así, o obxectivo principal deste novo evento foi continuar os esforzos precedentes para mostrar achados recentes en sistemas intelixentes e o desenvolvemento de novas aplicacións na Península, aínda que a conferencia está aberta a presentacións procedentes de calquera país.
Francisco Bellas, do CITIC, premiado no congreso Robot’2019 en Porto
Compartir Este Artigo

