Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O comercio de Lugo envórcase nas TIC para a súa nova campaña de Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O comercio de Lugo envórcase nas TIC para a súa nova campaña de Nadal

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/12/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_lugo_comercio_nadal_federacion_campana.jpgEste martes presentouse na sede da Deputación de Lugo (o Pazo de San Marcos) a nova iniciativa de promoción da Federación Galega de Comercio para as datas próximas do Nadal, unha estratexia novamente ligada ás redes sociais e cun forte compoñente tecnolóxico (anímase á participación integral da cidadanía a través dos seus móbiles e tabletas, seguindo o ronsel de éxito das anteriores edicións). A campaña deuse a coñecer baixo o epígrafe Neste Nadal o comercio local, tamén dixital.
Participaron (entre outros) o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o presidente da Federación, José María Seijas, e o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego de Lugo, Mauricio Repetto. Tomé reivindicou os establecementos de proximidade por ser “un motor importante da economía da provincia”, en tanto que xeran máis de 20.000 empregos e representan en torno ao 13% do Produto Interior Bruto (PIB). Tamén salientou a vontade do sector por transformarse e aproveitar ao máximo as novas tecnoloxías para achegarse á cidadanía, renovarse e facerse máis rendible e competitivo.
A campaña, que conta co apoio da Deputación, está dirixida aos consumidores e encamíñase a fomentar o pequeno comercio a través da venta online. José María Seijas, presidente da agrupación de comerciantes, explicou que se sortearán 10.000 euros en premios distribuídos en 20 tarxetas prepago regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros, que deberán utilizarse para volver a mercar nos establecementos lucenses de proximidade.
“Dende a Deputación de Lugo apoiamos todas as campañas a favor do pequeno comercio porque é garantía de calidade, polo seu trato próximo e porque o sector é un importante motor da nosa economía”, engadiu Tomé. Na presentación da campaña, que concluíu coa visita a comercios da cidade amurallada adheridos á campaña, participou tamén Javier Soto, director territorial de ABANCA en Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?