
En palabras do Concello, búscase que “as traballadoras e traballadores municipais poidan gañar rapidez e comodidade e dar un mellor servizo ós veciños e veciñas de Lugo á hora de resolver as súas xestións”.
A suma da adquisición destes equipos é por valor de 319.712,25€. O contrato abranguerá o subministro, configuración e instalación dos equipos. Amais, estipúlase no proxecto que os sistemas ofertados sexan “conformes coa normativa vixente autonómica, estatal e comunitaria no referente aos aspectos de calidade, ergonómicos, medioambientais, aforro enerxético, compatibilidade electromagnética, redución da radiación emitida e seguridade”.
O Concello de Lugo achegará 300 computadores para facer avanzar a eAdministración
Compartir Este Artigo

