
As firmas que participen (15 en cada edición) contarán cun equipo de expertos que as asesoren na súa andaina exterior. Grazas á aceleradora, poderán desenvolver o seu plan de internacionalización, acceder ás principais feiras mundiais e ás misións comerciais que organice a Zona Franca. Poderán concorrer estudios de videoxogos, editoriais ou produtoras musicais e escénicas, amais de firmas de comunicación, publicidade e e eventos, entre outras.
O programa pretende “reducir os tempos e aumentar as posibilidades de éxito no proceso de internacionalización”. Para iso, un equipo de expertos, especializados no sector cultural e creativo, ofrecerá asesoramento personalizado ás 15 PEME seleccionadas durante un período de 3 meses. O enfoque da aceleradora será “de carácter práctico” e permitirá fomentar o networking con outras empresas do sector. O programa formativo desenvolverase en horario de tarde un día á semana desde principios de febreiro ata abril.
As nosas empresas de videoxogos e comunicación teñen ao seu dispor unha nova aceleradora internacional
Compartir Este Artigo

