Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC explorará en 3 proxectos internacionais o potencial das tecnoloxías emerxentes para o ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC explorará en 3 proxectos internacionais o potencial das tecnoloxías emerxentes para o ensino

Redacción
Publicado: 14/01/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornalismo_clase_01.jpgA Universidade de Santiago de Compostela conseguiu na convocatoria da Comisión Europea a adxudicación de tres proxectos sobre investigación educativa que contarán cun orzamento total que supera o millón e medio de euros para a súa execución a través de Tecnoeduc (grupo de investigación de Tecnoloxía Educativa) da Facultade de Ciencias da Educación e a Vicerreitoría de Internacionalización e Estudantes. Todas as iniciativas están enmarcadas na investigación docente a través de tecnoloxías emerxentes e abranguen diferentes etapas do ensino, dende a escola ata a educación superior. Na convocatoria foron presentados un total de 199 solicitudes, das que só 31 foron aprobadas, acadando a USC a primeira posición en financiamento da convocatoria. Dous destes proxectos serán coordinados pola institución compostelá e no terceiro participará en calidade de universidade socia.

Contidos
  • EKT: consorcio de alianzas para o coñecemento
  • Alfabetización dixital e mediática nas escolas
  • Contornas de aprendizaxe en Realidade Virtual

EKT: consorcio de alianzas para o coñecemento

O proxecto máis destacado, cunha dotación de case un millón de euros para a súa execución, é Educational Knowledge Transfer (EKT), un consorcio de alianzas para o coñecemento que coordinará a USC e no que participan tamén outras institucións de España, Austria, Irlanda, Portugal, Bélxica e Reino Unido. EKT traballará durante tres anos no desenvolvemento de metodoloxías colaborativas educativas baseadas en contornos dixitais, involucrando a membros de tres eixos: centros educativos (colexios e profesores), universidades (Facultades de Educación e investigadores), e empresas e institucións tecnolóxicas (especificamente as que ofrecen servizos de e-learning).
A Facultade de Ciencias da Educación acollerá a reunión posta en marcha desta iniciativa á que asistirán todas as institución socias participantes os vindeiros 21 e 22 de xaneiro.
«Trátase dun proxecto estratéxico para a reforma da educación e da profesión docente que se está poñendo en marcha en España», sinala Carmen Fernández Morante, investigadora principal e presidenta da Conferencia Nacional de Decanos de Educación. «Por outra banda, supón un reto na dixitalización da educación, xa que confire un carácter práctico a diferentes tecnoloxías, facendo que sexan converxentes entre si converténdose en interoperables», engade.

Alfabetización dixital e mediática nas escolas

Outro dos proxectos coordinados tamén pola USC é Schools for 21st century (Escolas para o século XXI), que persegue promover a igualdade de oportunidades mediante o uso de tecnoloxías accesibles e asumibles nas escolas e explorar metodoloxías innovadoras de ensino-aprendizaxe que impliquen o desenvolvemento integrado de habilidades clave para século XXI como o pensamento crítico, a capacidade de toma de decisións, a comunicación e a responsabilidade social. Os principais obxectivos desta iniciativa, de dous anos de duración, son implementar estratexias de alfabetización dixital e mediática a través da aprendizaxe colaborativa das escolas participantes.

Contornas de aprendizaxe en Realidade Virtual

O terceiro proxecto, DLAB2, no que a USC participará en calidade de socia, está coordinado pola Professionshojskolen University College Nordjyllnad (Dinamarca). A través da investigación de propostas de innovación con tecnoloxías educativas o desenvolvemento de axentes de cambio, con especial énfase na realidade virtual (VR) e realidade aumentada (AR).
Esta iniciativa, de tres anos de duración, persegue desenvolver traballos de colaboración entre varios centros educativos europeos sobre un tema concreto para que permitan abordar algún dos retos deste século: as barreiras físicas, persoais e ambientais por medio da tecnoloxía como soporte para o traballo en equipos internacionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?