Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Defensa cede o edificio da Fábrica de Armas á Universidade da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Defensa cede o edificio da Fábrica de Armas á Universidade da Coruña

Redacción
Publicado: 18/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sinatura_ererpr0xkaiijan.jpgO reitor, Julio Abalde, asinou esta mañá na Delegación do Goberno a acta de cesión do edificio da Fábrica de Armas do Ministerio de Defensa á Universidade da Coruña co secretario de Estado de Defensa, Ángel Olivares, nun acto presidido polo Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. Para o reitor «hoxe é un día de alegría para Galicia e que vai marcar un antes e un despois na Universidade da Coruña».
abalde_ererprxw4aqcqvu.jpgO reitor sinalou que o acto de sinatura da cesión das instalacións da Fábrica de Armas é «o inicio dunha oportunidade para que a UDC poida dar un salto cualitativo» e reafirmou na responsabilidade da Universidade da Coruña coa sociedade, que motiva a presentación de proxectos que sexan de aproveitamento coa aportación de innovación e investigación ao tecido produtivo de Galicia.
O secretario de Estado de Defensa salientou que do uso que terán estas instalacións, coa aportación e desenvolvemento de coñecemento e tecnoloxía, poderán aproveitarse tamén as Forzas Armadas, polo que «este proxecto pilotado pola Universidade da Coruña beneficiará tamén á defensa do país». Olivares lembrou que Defensa é o maior propietario de solo de España e a xestión deste patrimonio está ao servizo da sociedade.
A Universidade da Coruña logo de asinar a acta de cesión ten un prazo duns días para que se faga efectiva a acta de entrega, momento en que a UDC terá a concesión das instalacións por un período de 25 anos prorrogables por outros 25.
delegacion_goberno_defensa_udc_1.jpg_1699441221.jpgNo acto, celebrado na Delegación de Defensa, estaban a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o Delegado de Defensa na Coruña, Antonio Bernal, a Subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, o director Xeral do Igape, Juan Cividanes, o concelleiro de Urbanismo da Coruña, Juan Villoslada, o voceiro do Goberno Municipal, José Manuel Lage Tuñas, o presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril, o presidente do Cluster TIC, Antonio Rodríguez del Corral, o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente da UDC, Alberto Valderruten, o secretario Xeral da UDC, Carlos Aymerich, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, o vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Domingo Calvo, o director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Manuel González, a Comisionada do reitor para o proxecto Cidade das TIC, Amparo Alonso, o xefe do Estado Maior da Forza Loxística Operativa, Alfredo Pérez, o secretario Xeral da Delegación do Goberno, Alberto de la Fuente, e os extraballadores da Fábrica de Armas Roberto Teijido e José Carrillo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?