O deputado de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas, presentou os detalles do proxecto de mellora do Centro Arqueolóxico de Dombate e sinalou que “ o Dolmen de Dombate incorporará Realidade Virtual e proxeccións 3D”. Así llelo transmitiu a Jose Muíño, alcalde de Cabana de Bergantiños (localidade onde se encontra a obra arqueolóxica) e a Silvia Losada, coordinadora de actividades culturais do Concello.
Xosé Luís tamén destacou que “dende as áreas de Turismo e de Patrimonio pretenden con esta reforma actualizar un recurso histórico e artístico que forma parte da historia milenaria e facilitar o acceso á información e ó patrimonio dunha forma moito máis actualizada e acorde coa nova realidade”. Doutra banda, comentou que “o dolmen precisa contar cun museo á altura”.
O orzamento previsto do proxecto é de 125.000 euros. Isto, dixo o deputado, suporá unha importante mellora na visualización do dolmen, pero os efectos audiovisuais e as novas tecnoloxías como a Realidade Virtual, afectarán ós elementos de información histórica.
Na reunión que se realizou entre os representantes da Deputación da Coruña e o Concello de Cabana, concretouse que, ademais, vaise potenciar a programación científica, histórica e cultural no dolmen.
O Dolmen de Dombate poderá gozarse con Realidade Virtual
Compartir Este Artigo

