A Deputación de Lugo vai destinar 25.000 euros ás estratexias de recuperación produtiva e innovadora que se están a realizar dende a Mancomunidade de Municipios da Mariña. Os presidentes das dúas entidades, José Tomé e Francisco Cajoto, asinaron este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración que ten o obxectivo de “dar impulso ao desenvolvemento económico e social da comarca”. A través deste acordo, a Mancomunidade ten previsto reforzar a súa presenza nas redes sociais e nos medios de comunicación e lanzar iniciativas de promoción e difusión das iniciativas que teñen en funcionamento, como é o caso das Rutas de Artesanía ou das visitas con audioguías nos concellos.
Ademais, ao abeiro do seu programa de transformación e innovación ao servizo do sector, a agrupación ten previsto continuar creando novas experiencias que fomente o “turismo slow”, polo que vén apostando o colectivo de municipios nos últimos anos. O obxectivo, sinalaron os dous presidentes, “é axudar na reactivación urxente do sector e continuar coa axeitada promoción do xeodestino apostando pola diversificación, en base a un turismo sustentable, e por segmentos clave, como son o turismo de natureza, turismo cultural e o turismo gastronómico, pois son o tipo de actividades que motivan principalmente a visita á Mariña”.
A Deputación de Lugo e a Mancomunidade da Mariña promoverán o empuxe turístico da comarca nas redes
Compartir Este Artigo

