Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), visitou a semana pasada a sede de Cáritas Interparroquial de Santiago, situada na rúa do Hospitaliño, onde foi recibido polo seu director, Luis Calviño, e o administrador, Carlos Juiz. A visita tivo como obxectivo coñecer as necesidades asistencias e de formación desta entidade solidaria, no camiño de axudala a loitar contra a exclusión social e tecnolóxica.
O CPEIG fíxolle entrega dun 5% da recadación dos patrocinadores da XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, gala celebrada o pasado 27 de novembro. O obxectivo é axudar á entidade a agasallar material tecnolóxico aos pequenos de familias vulnerables para a súa educación neste Nadal.
No encontro, Fernando Suárez interesouse polo traballo de asistencia despregado pola organización compostelá. Ademais, ambas partes mostraron a súa decidida vontade de ter unha cooperación estable. Nesta liña, proximamente as dúas entidades asinarán un convenio para establecer esta colaboración e dar a coñecer o labor de Cáritas entre os colexiados e colexiadas enxeñeiros en informática do CPEIG.
Cáritas de Santiago agasallará material tecnolóxico ás familias en risco coa axuda do CPEIG
Compartir Este Artigo

