A Xunta activou unha nova liña de axudas para fomentar a actividade dos novos clústeres galegos no impulso da transformación dixital e a mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas galegas. Dotada con 500.000 euros, a iniciativa pretende “fortalecer as agrupacións empresariais de creación recente para que mobilicen recursos e reforcen o seu papel activo na definición de estratexias cooperativas nos diversos ámbitos de desenvolvemento tecnolóxico”.
Mediante este programa os novos clústeres poñerán en marcha plans estratéxicos e proxectos orientados ao fomento da dixitalización, a innovación e a internacionalización do tecido produtivo, cunha previsión de mobilización de 625.000 euros.
As entidades interesadas dispoñen ata o 10 de marzo para solicitar os apoios. Na avaliación dos proxectos teranse en conta o impacto económico da actividade apoiada, o grao de representatividade do clúster no sector correspondente e a importancia do ámbito produtivo para Galicia, ademais da participación na entidade de centros ou institucións tecnolóxicas ou de investigación.
Activados novos apoios aos clústeres para impulsar a dixitalización das pemes
Compartir Este Artigo

