O hacker e experto en ciberseguridade Bernardo Viqueira vai achegar os vindeiros días oito microsesións e unha conferencia (Protexéndonos, protexéndoos, o vindeiro 25 de febreiro). Trátase de nove actividades destinadas á poboación en xeral, co obxectivo de proporcionar as ferramentas necesarias para usar os diversos dispositivos dixitais nas mellores condicións de seguridade.
As accións, inseridas no programa de Saúde Dixital de Afundación, inícianse hoxe en Afundación TV coa primeira dun total de oito microsesións formativas dirixidas a axudar aos usuarios para xestionar mellor os sistemas informáticos.
Bernardo Viqueira dará os mércores e venres do mes de febreiro as claves para mercar na Internet de maneira segura, a privacidade e as redes sociais, como protexernos en cinco fases, os menores na Internet ou como configurar un ambiente seguro en casa, entre outras cuestións de interese.
Así mesmo, programouse para o 25 de febreiro, ás 19.00 horas en directo en Afundación TV, unha conferencia de Bernardo Viqueira dentro do ciclo Educación século XXI.
Bernardo Viqueira mostraranos como usar con seguridade os nosos dispositivos dixitais
Compartir Este Artigo

