
O responsable de Política Lingüística da Xunta salientou “a importancia desta iniciativa que vencella o ámbito escolar ao sistema literario galego e que contribúe á dinamización da lectura nas aulas superando as barreiras que nos impón a complexa situación que vivimos”. O secretario xeral felicitou a Coca-Cola por “manter o seu compromiso coa promoción do uso da lingua galega no ensino e achegar ás aulas escritoras e escritores que apostan polo idioma como ferramenta da súa creatividade artística e literaria”.
Canda el participaron a xestora de Comunicación de Coca-Cola, Gema Domínguez, e o escritor Mario Regueira, encargado da primeira sesión de traballo co profesorado participante.
A través deste programa, Aulas Dixitais, enmarcado na XII edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto organizado por Coca-Cola co apoio da Xunta, a compañía continúa colaborando co profesorado no obxectivo de plasmar a creatividade do alumnado galego nun relato.
En total, Aulas Dixitais contou esta primeira semana de febreiro (o xoves e o venres) cunha vintena de profesores de distintos centros de ensino galegos.
Os escritores Rosa Aneiros e Mario Regueira foron os encargados de dirixir os obradoiros do programa. A sesión do xoves correu a cargo de Regueira, quen compartiu as estratexias da narrativa nos últimos 50 anos e achegou ao profesorado estratexias para facer os textos máis atractivos, lúdicos e capaces de mesturarse con outros xéneros e eidos artísticos. Para rematar, Rosa Aneiros conduciu a sesión do venres a través de contidos centrados na estimulación lectora e creativa do alumnado e baseados na súa propia experiencia literaria.
Valentín García participou no programa Aulas Dixitais co-impulsado pola Xunta e Coca-Cola
Compartir Este Artigo

