A Xunta pon a disposición das bibliotecarias e bibliotecarios un servizo de formación online do sistema de xestión bibliotecaria Koha, co fin de que proporcionarlles a información de xeito autónomo a través de máis de 30 videotitoriais e material complementario para orientar o seu proceso de aprendizaxe e resolver dúbidas. Os videotitoriais son de balde e están dispoñibles na web da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Neste momento, empregan o sistema as seis bibliotecas públicas xestionadas pola Consellería de Cultura, 251 bibliotecas e axencias de lectura pública municipal e 22 bibliotecas especializadas. Sen embargo, este ano moitas máis bibliotecas accederán a el.
O proxecto permite afondar na profesionalización e calidade das bibliotecas públicas. De feito, o sistema de Xestión Bibliotecaria foi implantado en 2016 pola Consellería de Cultura Educación e Universidade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e está baseado nun software libre de código aberto da plataforma Koha, que permite migrar os sistemas anteriores de xestión e integralos nun sistema de catálogo único de colección e de usuarios. Dito catálogo incorpora outro tipo de bibliotecas especializadas, como a Biblioteca de Galicia ou as bibliotecas de institucións de especial interese para Galicia (Real Academia Galega).
A Xunta pon a disposición dos bibliotecarios un servizo de formación en liña
Compartir Este Artigo

