Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova convocatoria de axudas para mellorar a cobertura móbil en zonas illadas do rural galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

Nova convocatoria de axudas para mellorar a cobertura móbil en zonas illadas do rural galego

Redacción
Publicado: 09/02/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobil_na_man.jpgA Xunta lanza unha convocatoria de axudas a operadores de telecomunicacións para facilitar a cobertura móbil en 290 núcleos illados do rural de 65 concellos por un importe de 4 millóns de euros para o período 2021-2023. Esta medida enmárcase no Plan autonómico para mellorar as comunicacións móbiles no rural, impulsado pola AMTEGA, e que acada un investimento global de 10 millóns de euros.
Os operadores interesados poderán presentar varios proxectos nos núcleos que elixan, que serán beneficiarios das axudas por orde de valoración ata esgotar a dotación orzamentaria prevista, e as entidades locais deberán achegar terreos para a execución das torres precisas por parte de Retegal, nas que se instalará o equipamento de comunicacións móbiles.
As redes obxecto de subvención deberán permitir a realización de chamadas de voz con calidade a través de terminais de usuario estándar (teléfonos móbiles), debendo garantir esta cobertura durante un período mínimo de 10 anos.
A convocatoria está financiada a un 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e contempla subvencións de ata o 90% de cada proxecto. A publicación desta convocatoria permite dar un paso máis no Plan de mellora de cobertura móbil que puxo en marcha o pasado ano a AMTEGA, en colaboración coa Fegamp.
Galicia propuxo esta solución á Comisión Europea, que é o organismo que ten que aprobar a convocatoria pública de axudas, coa que está manter contacto e intercambiando de información para poder dar resposta á demanda.
A pesar de que Galicia conta cunha cobertura móbil do 98%, á que contribuíron en boa medida os investimentos públicos para incentivar a extensión da 4G na Comunidade, aínda existen zonas rurais illadas e espazos naturais nas que non é posible realizar chamadas de voz a través do móbil.
A Xunta puxo en marcha esta iniciativa tras solicitar ao Estado a inclusión da cobertura móbil dentro do servizo universal de telecomunicacións para que, ademais do actual dereito de conexión fixa de Internet de 1Mbps e de telefono fixo, os cidadáns poidan ter dereito á cobertura de móbil, en condicións previamente estipuladas.
Como alternativa inmediata a Xunta tras reunirse coa Comisión Europea para garantir a adecuación desta actuación a normativa europea, puxo en marcha este iniciativa, semellante á outras que están a levar a cabo en Italia e que tamén están a analizar en Alemaña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026
primeira_satelite_vodafone-ast.jpg
Telefonía

Deutsche Telekom, Orange, Telefónica e Vodafone poderían aliarse para ofrecer telefonía móbil por satélite

19/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?