
A iniciativa nace da man das profesoras e investigadoras da EPS, Almudena Filgueira Vizoso e Ana Xesús López Díaz, quen contactaron co resto de compañeiras e alumnas do centro e máis da Escola Universitaria Politécnica (EUP) para dar a coñecer os seus traballos de investigación e gravar un pequeno vídeo no que se anima ás nenas e mulleres a somerxerse de cheo no eido da ciencia.
Deste xeito, Alicia Munín Doce, Almudena Filgueira Vizoso, Ana Álvarez García, Ana Díaz Díaz, Ana Xesús López Díaz, Bárbara Sánchez Silva, Laura Castro Santos, Lucía Santiago Caamaño, María Elena Arce Fariña, María Isabel Lamas Galgo, María Jesús Rodríguez Guerreiro, Rosa Ríos Prado, Sara Guerreiro Santalla, Belén Sañudo Costoya, Celia Carral Amenedo, Cristina Sánchez Prado e Mar López Pedre protagonizan unha peza de pouco máis de 8 minutos de duración que se está a difundir nas redes sociais da EPS, do Campus Industrial e da Universidade da Coruña.
O Campus de Ferrol lanza un vídeo para reivindicar o papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía
Compartir Este Artigo

