O Goberno galego vén de distinguir 37 proxectos tecnóloxicos e de investigación a través dos Premios de Innovación na Formación Profesional, uns galardóns dotados con 800.000 euros nesta convocatoria. O obxectivo foi “potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros de ensino e mundo empresarial”. O certame desenvolveuse en 47 centros e coa colaboración de 70 empresas e entidades. As tecnoloxías transformadoras e intelixentes foron as grandes protagonistas dos premios.
Os proxectos puideron presentarse a dúas modalidades. A primeira delas, de Innovación tecnolóxica ou científica, está dirixida ás iniciativas que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos orientados a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo.
Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:
· IES AS Mariñas de Betanzos. Deseño e impresión 3D de produtos de apoio para persoas con parálise cerebral.
· IES Monte Neme (Carballo). LoRaWAN NEMET.
· IES Fernando Blanco (Cee). Sistema de diagnose mediante parametrización de sensores en máquina de peche.
· CIPF Someso (A Coruña). Enxeñería inversa 4.0.
· CIFP Ferrolterra (Ferrol). Aulas saudables no CIFP Ferrolterra.
· CIFP Ferrolterra (Ferrol). Sistema automático de transformación de residuo de madeira en enerxía.
· CIFP Ferrolterra (Ferrol). Equipamento anticovid para espazo de socialización
· CIFP As Mercedes (Lugo). Construción dun equipo de xeración de hidróxeno verde para a subministración de enerxía eléctrica nunha vivenda.
· CIFP As Mercedes (Lugo). Deseño dun vehículo eléctrico para mobilidade terrestre e aérea.
· CIFP As Mercedes (Lugo). Milk Warmers.
· CIFP As Mercedes (Lugo). Fabricación de estrutura de aeronave real E-GUS
· CIFP Politécnico de Lugo. Sistema modular de ciberseguridade para redes TO.
· IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo). Rede de bosques comestibles: unha nova xestión do espazo forestal fronte ao cambio climático.
· IES Escolas Proval (Nigrán). Monitorización continua de parámetros físicos para mellora da calidade ambiental en contornos educativos.
· IES de Ortigueira. Pontedeume. Madeira de Vestir.
· IES Fraga do Eume. Simulación virtual de procesos en restauración.
· IES Frei Frei Martín Sarmiento (Pontevedra). Investigación sobre o asesoramento e venda de produtos e servizos de imaxe persoal para clientes oncolóxicos coa axuda de ferramentas dixitais.
· CIFP Politécnico de Santiago. Aplicación da IoT para a preservación da fauna do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
· CIFP Politécnico de Santiago. Mantemento 4.0.
· CIFP Manuel Antonio (Vigo). Proxecto de sustentabilidade en Centros Integrados de Formación Profesional.
· IES Politécnico de Vigo. Desenvolvemento dun banco de ensaios de Bin Picking.
· IES Lois Peña Novo (Vilalba). Fogar e vehículo, conectados e sustentables.
· IES de Vilamarín. Lupo 1481: viño aromatizado feito por nós.
· IES de Vilamarín. Xabóns en Terra de Menciñeiros
Innovación didáctica
A segunda modalidade, de Innovación Didáctica, céntrase nas iniciativas que teñen como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Estarán orientadas á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc.
· IES Punta Candieira (Cedeira). Adestrador modular avanzado para a Industria 4.0.
· IES Fernando Blanco (Cee). Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas.
· CIFP Ferrolterra (Ferrol). Fasquía 3D: Dixitalización de formas das embarcacións tradicionais e difusión das tecnoloxías 3D en ámbitos non tecnolóxicos.
· IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín). Optimización e informatización da electroforese de ADN.
· IES Chan do Monte (Marín). Ferramenta para instalación conxunta do ERP Odoo, o CMS Prestashop e o plugin de WordPress Woocommerce e a súa interconexión.
· IES Francisco Daviña Rey (Monforte). Casa domotizada, fogar inclusivo.
· IES Pedra da Auga (Ponteareas). Adestrador de Smart Home.
· CEE Manuel López Navalón (Santiago). Creación de contidos inmersivos: Innovación deconstrutiva.
· IES de Vilalonga (Sanxenxo). Maqueta didáctica de son Furgolonga.
· CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo). Ensino virtual de aprendizaxe para a descrición e cálculo de cadeas cinemáticas.
· CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo). Deseño, implementacion e posta en marcha de periféricos de alta eficiencia a unha inxectora de plásticos.
· CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo). Motor seccionado e funcional para fins didácticos.
· IES Lois Peña Novo (Vilalba). Fuel cell H2.
A Xunta premia o empuxe innovador de 37 proxectos dos nosos centros de FP
Compartir Este Artigo

