Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As universidades de Vigo e A Coruña unen forzas ao redor da Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As universidades de Vigo e A Coruña unen forzas ao redor da Cidade das TIC

Redacción
Publicado: 05/05/2021
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

convenio_udc_uvigo_1.jpgO reitor, Julio Abalde, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asinaron un convenio de colaboración que permitirá que os docentes e investigadores vigueses poidan utilizar os servizos e recursos da Cidade das TIC que está en marcha nas instalacións da antiga Fábrica de Armas da Coruña e que formará o futuro campus de Pedralonga.
A Universidade de Vigo súmase así aos apoios institucionais aglutinados arredor deste proxecto de creación dun polo TIC e de innovación dixital, cun alto compoñente de Intelixencia Artificial, de referencia a nivel estatal e internacional, que actuará como demostrador de tecnoloxías emerxentes, de apoio ao tecido empresarial que facilitará a creación e instalación de empresas do sector contribuíndo ao crecemento e dinamización económica galega.
Abalde concretou os aspectos deste acordo que permitirá «afianzar a colaboración académica e científica existente xa entre os grupos de investigación da Facultade de Informática e do Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC), por parte da UDC, e da Escola Superior de Enxeñaría Informática e o Centro AtlanTIC, pola UVigo, nun desenvolvemento conxunto de servizos e infraestruturas da Cidade das TIC». Deste xeito, no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC haberá información estable e permanente dos proxectos de investigación de ambas as dúas universidades. Tamén as empresas spin off viguesas poderán acceder aos recursos tecnolóxicos do campus de Pedralonga, mentres que as empresas asentadas na Cidade das TIC terán facilidades para achegarse aos Traballos de Fin de Grao e Fin de Máster, así como poderán ofrecer de forma máis doada prácticas ao alumnado de ambas as dúas universidades.
Manuel Reigosa valorou este acordo como “moi satisfactorio para as dúas universidades e para toda a sociedade galega” a través das empresas coas que se colaborará. «O sistema universitario galego é pequeno en comparación con outros pero xuntando capacidades somos máis fortes e poderemos competir mellor», engadiu para finalizar con que «este é un exemplo de colaboración institucional coa que todos gañamos».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?