
Tamén xerou, engadiu, “unha comunidade de innovación na que participan unha gran variedade de pemes e centros de coñecemento con capacidades para establecer redes nacionais e internacionais e potencial para captar fondos que permitan a realización de proxectos colaborativos en áreas clave, dotando aos seus membros e ao propio ecosistema galego dun posicionamento estratéxico internacional”.
Argerey destacou que “desde a súa posta en marcha en 2015 contou coa participación de 937 profesionais de alta cualificación e medio cento de pemes e centros de coñecemento”, ademais da implicación de tres compañías multinacionais referentes no sector como Indra, Babcock e Boeing, “tres grandes empresas que exerceron un efecto tractor sobre o tecido empresarial e tecnolóxico galego”, dixo, exemplificando este traballo impulsor en contribucións como o maior dron non tripulado de uso civil existente en España e un dos primeiros autorizados en Europa para voar como vehículo opcionalmente non tripulado (impulsado por Indra); a creación de plataformas e solucións especialmente desenvolvidas para a prestación de servizos críticos para as administracións públicas (Babcock); e o desenvolvemento dun programa dirixido á creación de produtos e solucións enfocados á seguridade do voo compartido das aeronaves tripuladas e non tripuladas (Boeing).
En total, executáronse 59 proxectos de I+D e infraestruturas para vehículos non tripulados. No marco deles obtivéronse 655 resultados con niveis de madurez diferentes, que, en palabras da directora de GAIN, sitúan a Galicia como “un referente na carteira de tecnoloxías relacionadas cos vehículos non tripulados”. Deles, un total de 62 xa están no mercado e constitúen unha base sólida para o crecemento do sector en Galicia durante os próximos anos.
A directora da Axencia Galega de Innovación puxo en valor a creación de 24 novas empresas directamente relacionadas cos proxectos impulsados, 5 delas impulsadas en Galicia por axentes da industria e as outras 19 correspondentes a proxectos empresariais creados ou acelerados a través da Business Factory Aero, a aceleradora de empresas do sector aeroespacial posta en marcha no marco da iniciativa.
Tamén destacou que a Xunta de Galicia logrou triplicar o investimento realizado no Polo Aeroespacial de Galicia no período 2015-2020, “no seu obxectivo de impulsar un sector de alta tecnoloxía para a mellora da prestación dos servizos públicos mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados”. E explicou: “Por cada euro achegado polo Goberno galego neses cinco anos mobilizáronse 2,8 euros doutras fontes público-privadas”.
GAIN destaca que o noso Polo Aeroespacial xa xerou preto de medio cento de proxectos de I+D+i
Compartir Este Artigo

