O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou este 1 de xullo a través do servizo Facebook Live o novo portal que este departamento autonómico vén de poñer en funcionamento na súa web Galiciaaberta e no que os residentes no exterior e retornados poden consultar información tributaria relativa aos seus países de residencia en relación con España.
En total, é posible consultar esta información nos 11 países con maior número de residentes de orixe galego en Europa, e posteriormente, ampliarase cos países con maior colectividade galega en América.
A Secretaría Xeral da Emigración ofrece a través deste portal unha serie de informacións básicas para aclarar as cuestións básicas vinculadas á tributación das rendas obtidas por persoas físicas que teñan a condición de galegos/as retornados/as ou de galegos/as no exterior.
Asemade, a través dunha serie de ligazóns orientarase de xeito sinxelo e visual sobre as regras xerais existentes en relación aos principais criterios previstos para cada tipo de renda segundo os países, centrándoos nas persoas físicas.
Emigración abre un novo portal en Galiciaaberta con información tributaria
Compartir Este Artigo

