O Concello de Ames, co obxectivo de estar “o máis preto posible da veciñanza”, estableceu unha liña directa de comunicación entre o Consistorio e a cidadanía a través do servizo WhatsAmes. Esta ferramenta vai abrir unha canle de comunicación coa cidadanía a través do número 606 71 41 63. O obxectivo é escoitar a atender as queixas e suxestións dos residentes no concello, que tamén poderán dar conta de todo tipo de incidencias nas infraestruturas e equipamentos locais.
O Concello sinalou que “esta nova ferramenta de comunicación entre a veciñanza e o concello pretende ser un elemento máis áxil e doado, xa que a maioría das persoas usan o WhatsApp”. Trátase polo tanto “dunha aplicación con moitas posibilidades porque permite achegar fotos, arquivos de texto ou incluso xeolocalizar calquera incidencia”, engadiu o Concello, facendo un convite á cidadanía a gardar canto antes en cadansúas axendas este novo número de teléfono.
Ames establece unha liña directa de comunicación cos veciños a través de WhatsAmes
Compartir Este Artigo

