
O xurado destacou “o especial interese de A Cousa pola definición do proxecto e as súas posibilidades de continuidade”. A Bolsa Nacho Mirás conta coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
A Cousa é unha revista lifestyle en liña que pretende facerse un oco no mundo da información e do entretemento galego, xirando arredor de nove áreas: música, literatura, arte, arquitectura, moda, gastronomía, deporte, saúde e política. Empregando as redes sociais como proxector do seu contido e “priorizando o xornalismo mojo para sincronizarse con elas”, pretende afondar en diversas temáticas, incluso tabús, que preocupan á mocidade galega, cun discurso feminista, sen posición política e interxénero.
Zoom na bagatela é un proxecto multimedia e transmedia que aposta polos formatos audiovisuais e que pretende visibilizar a creadores de contidos culturais e artísticos de Galicia. A idea é crear “un espazo de difusión, crítica e análise para este tipo de temáticas, normalmente non tratadas polos medios máis tradicionais”. A iniciativa, segundo fixeron saber os seus responsables, “explotaría os novos formatos xurdidos coas redes sociais para achegar este tipo de contidos á xuventude, ao mesmo tempo que serviría para dar a coñecer aos representantes e ás novas promesas do panorama cultural galego”.
A Bolsa Nacho Mirás para xornalistas noveis apoia proxectos xornalísticos de novas e novos titulados en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual. Leva o nome do xornalista, colexiado do CPXG e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Nacho Mirás, que sempre defendeu a valía dos xornalistas noveis, o espírito de facerse valer, de formase o máximo posible e defender así o posto de informador.. Nas anteriores ediciones foron premiados os proxectos de comunicación innovadora MediaMapa.Gal, Punto e volta, Feira, Pícaros.gal, Entrelinguas e éDeporte. O xurado estivo formado formado por Ainhoa Apestegui, Isaac González, Darío Janeiro, Xosé López, Xosé Manuel Pereiro, Francisco G. Sarria, Xoán Soler e Fernando Varela.
Unha revista en liña lifestyle e un proxecto multimedia de contidos culturais obteñen a Bolsa Nacho Mirás
Compartir Este Artigo

