As Pontes vai acoller os días vindeiros un obradoiro de programación coa tarxeta Micro:bit. Organiza a Asociación Amigus ao abeiro dos seus Amigus Labs. Será os próximos 19 e 20 de agosto no local 14 da praza do Hospital, nas Pontes, en horario de 10:30 a 13:30h. Trátase dunha actividade participativa e creativa na que poderán participar os pais e as nais coas súas fillas e fillos (de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos, máximo dous nenos por grupo).
Segundo informa Amigus, BBC Micro:bit é unha pequena tarxeta electrónica programable de 4×5 centímetros lanzada pola BBC británica no ano 2015 co obxectivo de conseguir que máis dun millón de nenos/as e mozos ingleses aprendesen a programar dunha maneira doada e divertida. No ano 2016 a Fundación Educativa Micro:bit asume este proxecto co propósito de promocionar a aprendizaxe da programación e a robótica entre os mozos a nivel mundial.
O curso é gratuíto e as inscricións formalizaranse por orde de rexistro. Temos toda a informacón dispoñible na web de Amigus.
A tarxeta Micro:bit centra un novo obradoiro familiar nos Amigus Labs das Pontes
Compartir Este Artigo

