O Concello de Bueu estreou perfil en Wikiloc e mellorou a sinalización en liña de sete rutas de sendeirismo locais, o que permitirá “que as persoas poidan realizalas en solitario e seguindo o trazado a través dun dispositivo móbil”. A iniciativa vén da man da Concellería de Promoción Económica e Turismo que dirixe Silvia Carballo, e responde ao seu interese de pór en valor o patrimonio cultural e natural de Bueu a través das novas ferramentas.
Así, dende agora, as persoas que o desexen poden descargar a aplicación Wikiloc e localizar as sete rutas dispoñibles: Sendeiro do Litoral, Ruta dos Muíños, Ruta Arqueolóxica de Ons, Ruta dos Pazos, Ermelo, Chans de Cela e Ruta dos Abades. Estes itinerarios suman entre todos preto de 30 quilómetros. Todos teñen unha dificultade moderada e a aplicación permite que se poidan realizar de forma autónoma, coñecendo o número de quilómetros, o tempo de duración, as altitudes e desniveis, o tipo de ruta e os elementos de interese nese percorrido.
Segundo lembrou a edil, a aplicación Wikiloc conta cunha versión libre e outra premium, sendo esta última a que adquiriu o Concello para que as rutas estean dispoñibles sen límites entre as persoas usuarias. Ademais, este sistema permite descargar as rutas en dispositivos GPS, seguimento en vivo, navegación sen anuncios, meteoroloxía, ou organización de rutas.
Bueu potencia as súas rutas de sendeirismo a través de Wikiloc
Compartir Este Artigo

