Esta semana comezou o despregamento de Windows 11, e aínda que dende Microsoft insisten moito en que non recomendan actualizar manualmente de Windows 10 a Windows 11 se o noso equipo non cumpre cos requisitos mínimos, sorprende ver como na páxina web de soporte de Windows recollen varias formas alternativas para instalar Windows 11 de xeito manual e incluso detallan como modificar o rexistro do sistema operativo para omitir a comprobación de TPM 2.0, e así poder actualizar a Windows 11 en equipos que carecen de tal tecnoloxía.
Tras indicar paso a paso como instalar Windows 11 en equipos nos que non se recomenda facelo, advirten que tal método pode ser arriscado e levar a que o usuario teña que reinstalar completamente o sistema operativo, deixando claro unha vez máis que non parece unha boa idea a realización de actualizacións innecesarias (pois lembremos que Windows 10 aínda ten moitos anos de vida por diante).
Microsoft detalla como instalar Windows 11 en equipos sen TPM 2.0
Compartir Este Artigo
