Dende hai anos as comunicacións de WhatsApp cífranse de extremo a extremo, ou sexa, que só as persoas que participan nunha conversa poden ler o seu contido, de xeito que os propios responsables de WhatsApp non teñen acceso ao que comentan os seus usuarios, pero esta medida de seguridade limitábase á propia aplicación, e non as copias de seguridade que moitos usuarios conservan en Google Drive ou iCloud, que a partir de agora poderán cifrarse con contrasinais a elección do usuario ou con chaves de cifrado de 64 bits, de xeito que WhatsApp, Google e Apple non terán acceso aos contidos das copias de seguridade.
Esta nova medida de seguridade comeza a distribuírse entre os usuarios da última versión de WhatsApp, aínda que a propagación desta función será algo lenta (ou sexa, que algúns usuarios tardarán días en recibila). En calquera caso, o cifrado de extremo a extremo das copias de seguridade será opcional, especialmente polo risco que supón a protección con contrasinal do noso historial de conversas, xa que se cando restauremos a copia (por exemplo, ao mudar de smartphone) corremos o risco de non poder recuperar as mensaxes anteriores sen non lembramos o contrasinal, polo que é bastante probable que a meirande parte dos usuarios opten por non extremar a seguridade das súas comunicacións (especialmente se son de índole persoal).
WhatsApp permite cifrar as súas copias de seguridade na nube
Compartir Este Artigo
