Aínda que Windows 11 iniciou o seu despregamento o pasado 5 de outubro, son moitos os usuarios que, tendo un equipo que supera os requisitos establecidos por Microsoft, non recibiu automaticamente tal actualización do sistema operativo, pero a última información sobre a actualización de novembro de Windows 10 detalla que a distribución desta actualización vai da man da ampliación do número de equipos que poden migrar automaticamente a Windows 11.
Cómpre lembrar que Microsoft recomenda que os equipos compatibles con Windows 11 que actualmente están aínda en Windows 10 deben agardar a que a opción de instalación do noso sistema chegue de xeito natural, xa que a actualización a Windows 11 realízase gradualmente para evitar riscos, xa que neste proceso están a detectarse problemas que se solucionan paulatinamente, polo que a espera supón unha maior seguridade, reducindo posibles conflitos con controladores de hardware e aplicacións informáticas.
A actualización de novembro de Windows 10 supón un importante cambio na cadencia das grandes actualizacións, que ata o momento producíanse cada medio ano, e agora sincronizaranse con Windows 11 para chegar só unha vez ao ano (na segunda metade do ano). Tamén lembran que, como mínimo, Windows 10 ten garantido o soporte ata o 14 de outubro de 2025 (sendo habitual que este soporte se amplíe bastantes anos máis, de aí que o salto a Windows 11 non sexa urxente para os consumidores e empresas).
Windows 11 chegará a bastantes máis equipos nos vindeiros días
Compartir Este Artigo
