WhatsApp leva un tempo incorporando melloras nas mensaxes de voz, como permitir axustar a velocidade de reprodución das mensaxes, e agora fai oficial unha prestación moi agardada: poder escoitar as mensaxes de voz antes de envialas. Esta función estaba dispoñible a través dun truco que consistía en saír da aplicación ao rematar de gravar unha mensaxe de voz, de xeito que ao volver á mesma podía elixirse se enviar ou non a mensaxe, algo que agora poderemos facer sempre que realicemos unha gravación a través da función de gravación longa mediante o botón coa icona do cadeado (as notas de voz rápidas mandaranse ao momento).
Esta é unhas distintas novidades nas que levan tempo traballando dende WhatsApp, entre as que estaría a posibilidade de pausar unha gravación para poder continuala máis adiante e incluso a posibilidade de que as mensaxes de voz se transcriban automaticamente a texto, o que pode resultar moi práctico para ler mensaxes de voz cando non esteamos en condicións de escoitalas e, moi especialmente, para poder realizar buscas entre as mensaxes sonoras.
WhatsApp permite escoitar as mensaxes de voz antes de mandalas
Compartir Este Artigo
