Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Proxector publica un especial sobre as principais ameazas ambientais do noso mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Proxector publica un especial sobre as principais ameazas ambientais do noso mar

S. P.
Publicado: 01/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proxector_portal_vida_mar_ameazas_especial.jpgO portal Proxector, ferramenta de divulgación en galego posta en marcha en 2015 polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago, vén este mes de xuño cunha importante novidade. Concretamente, a publicación do especial A vida no mar. Costas galegas e ameazas ambientais, que inclúe todo tipo de materiais para ilustrarnos sobre a situación de grave risco na que viven os océanos pola acción do ser humano e as cousas (pequenas e grandes) que podemos facer para pórlle freo á degradación.
Entre os contidos inclúese un repaso pormenorizado polos principais desastres ecolóxicos que asolaron o litoral galego nas últimas décadas, dende a catástrofe do petroleiro Urquiola en 1976 na Coruña (que sobordou 100.000 toneladas de cru que chegaron ata as rías de Betanzos, Ferrol e Ares, adentrándose 3 km pola canle do Eume) ata o afundimento máis recente do Prestige, cuxas manchas de fuel chegaron mesmo á costa francesa e cuxo impacto ambiental segue aínda evidenciándose.
No especial lémbrase que a ameaza segue presente, aínda que non se fale dela nos medios: “Na actualidade, arredor do 70 % do transporte marítimo europeo pasa fronte a Galicia e un terzo dese tráfico transporta mercadorías perigosas”.
Este especial, publicado online en Proxector ás portas do Día Mundial do Medio, reúne estudos sobre o sistema costeiro galego, os fondos mariños e algunhas das agresións que lles afectan.
Con este especial vén a complementarse un catálogo de recursos que non para de medrar, de feito Proxector enfiou este 2022 con máis de 600 vídeos en galego divulgativos e didácticos.
Os comezos
As orixes de Proxecto están en 2015, cando a Universidade de Santiago puxo a andar unha iniciativa para compilar recursos educativos en galego. Fíxoo a través do portal educativo Didactalia e só para o eido universitario. En 2018 o Consello da Cultura Galega, a través do seu Centro de Documentación Sociolingüística, súmase á iniciativa e comeza a participar de xeito activo tanto na súa coordinación como na edición de contidos. Cumprindo coas competencias que lle son propias no eido da preservación e difusión do idioma galego, o Consello da Cultura Galega acordou asumir tamén a custodia dos datos que foron compilados ao longo destes anos, que a partir de agora estarán ao dispor da cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?