Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inés Rey loa o espírito transformador da Coruña na inauguración de Ecosystems2030
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inés Rey loa o espírito transformador da Coruña na inauguración de Ecosystems2030

S. P.
Publicado: 03/06/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ines_rey_ecosystems.jpgEste xoves 2 de xuño o recinto PALEXCO (A Coruña) acolleu a inauguración dun evento tecnolóxico de gran relevancia: a segunda edición de Ecosystems2030, que está a xuntar ata hoxe venres, no dito pazo de congresos, a medio centenar de expertos de empresas tecnolóxicas de primeira liña, co reto común de avaliar as posibilidades que abren tecnoloxías disruptivas, ou sexa, a robótica, a Intelixencia Artificial, a cadea de bloques, as tecnoloxías inmersivas, o ámbito fintech ou os vehículos intelixentes e autónomos. A inauguración veu da man da alcaldesa Inés Rey, quen salientou o potencial da cidade “como polo de atracción de proxectos dixitais e sustentables”.
ines_rey_ecosystems_2.jpgA rexedora estivo acompañada durante o acto de apertura por Omar Hatamleh, presidente executivo de Ecosystems2030 e ex-directivo da NASA, e Nikki Eberhardt, presentadora do evento.
Inés Rey incidiu “na importancia de sentar as bases da transformación da cidade nun gran polo de atracción de proxectos dixitais e sustentables, creando un ecosistema de investimentos acorde coas grandes empresas do sector”. E engadiu, facendo alusión á axenda A Coruña 2030 destinada a impulsar o novo paso evolutivo da cidade: “Quero presentarvos e invitarvos á próxima gran transformación da Coruña. Un espazo de innovación e investigación ante os novos retos sociais, medioambientais e dixitais. Un ecosistema empresarial que entende as propostas de innovación e o necesarias que son para atraer novos investimentos. Un ecosistema urbano aberto para integrar as novas tecnoloxías para axudar a resolver os retos de cidade nun mundo global”.
Segundo comentou Inés Rey, o obxectivo do Concello é converter A Coruña “nun espazo de innovación capaz de facer fronte aos novos retos dixitais e ás novas posibilidades de negocio”. Para iso, estúdanse as novas tecnoloxías, como o metaverso, e invístese en proxectos de gran relevancia como a Cidade das TIC, que aspira “a ser a referencia da Intelixencia Artificial a nivel nacional e un gran polo de xeración de empregos”, explicou, engadindo que “somos conscientes de que non podemos levar a cabo esta transformación nós sós, que temos que ser parte dun grande ecosistema de transformación”.
Pola súa banda, Omar Hatamleh quixo agradecer o compromiso do Concello con este congreso. “Trouxemos un evento transformador para a cidade cun enfoque tecnolóxico global. Falaremos de varias cuestións de gran relevancia para as persoas. Iso caracteriza o noso ecosistema, que todos os temas teñen cabida”, sinalou.

Programa e xornada de portas abertas

ecosystems_2030_dsc06435.jpgAlgúns dos nomes máis destacados que participarán estes días no congreso son Inderpal Bhandari, directivo de IBM; Miuel Alava, director xerente de Amazon Web Services; Andy Palmer, ex-director executivo de Aston Martin; Juan Vicén Balaguer, co-fundador de Zeleros Hyperloop; Ignacio Tovar, director de innovación de Iberia; Adipat Virdi, experto en experiencias inmersivas e realidade virtual e ex-responsable de RV de Facebook; Pinar Emirdag, directora de servizos dixitais de JP Morgan; JoAnn Stonier, directiva de Mastercard; Michael Lawrick, xefe de innovación de Deloitte; ou Ignacio Rivera, presidente executivo de Hijos de Rivera. Tamén destaca a presenza de dous ex-primeiros ministros europeos: Zlatko Lagumdzija (Bosnia e Hercegovina) e Esko Aho (Finlandia).
Durante estas dúas xornadas analizarase o futuro de diferentes sectores, como son a Intelixencia Artificial, o transporte, as finanzas, o entretemento ou os desafíos xeopolíticos.
O sábado, de 16.00 a 19.00 horas, a entrada a Ecosystems 2030 será libre para toda a cidadanía. Os coruñeses e as coruñesas terán a ocasión de afondar nos grandes retos tecnolóxicos da súa cidade e da sociedade en xeral para os próximos dez anos, e coñecer da man de directivos/as de Google, como Pilar Manchón, e outras grandes empresas a visión empresarial sobre esa transformación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?