Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O noso tecido TIC superou a cifra de 25.900 traballadores e rexistrou o maior medre dende 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O noso tecido TIC superou a cifra de 25.900 traballadores e rexistrou o maior medre dende 2016

S. P.
Publicado: 06/06/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

computador_ordenador_traballando-2.jpgO Hipersector TIC galego, integrado polo sector TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e o sector de contidos pechou o ano 2021 con 25.930 traballadores, o que supón un incremento do 6,3% no último ano, o maior aumento desde 2016 e pon de manifesto a fortaleza e capacidade tractora do sector. Son informacións positivas recollidas no estudo Galicia dixital. O Hipersector TIC en Galicia, publicado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
No informe recórdase, a xeito introdutorio, que por sectores, o tecnolóxico conta con 20.740 traballadores, aumentando nun 7,2% no último ano. Pola súa banda, o sector contidos crece tamén (2,8%) recuperando parte do que perdera en períodos anteriores e sitúase nos 5.190 traballadores.
Amais, tamén se fai saber que o valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumentou un 10,5% no último ano e supera os 1.950 millóns de euros.
Por outra banda, a investigación do Observatorio OSIMGA salienta que o incremento citado no anterior parágrafo produciuse tanto no sector TIC como no sector Contidos.
Amais, o VEB do sector TIC supera os 1.700 millóns de euros, cun crecemento do 11% no último ano. No caso do sector Contidos supera os 246 millóns de euros, cun incremento do 7,2%
O informe constata que “a demografía empresarial é outra manifestación do fortalecemento do Hipersector TIC”. Deste xeito, ao remate do ano 2020, Galicia contaba cun total de 3.919 empresas que desenvolvían actividades no Hipersector TIC, consolidándose así, no quinto lugar da clasifiación nacional, cun crecemento do 2,3% no último ano.
Durante o 2020 prodúcese un incremento no número de empresas do Hipersector TIC en todas as provincias sendo A Coruña e Pontevedra as que concentran a maior parte.
Respecto das vendas ao exterior e da presenza noutros mercados, o Hipersector TIC exportou máis de 88 millóns de euros no ano 2020. Máis da metade (53,4%) das exportacións proceden do subsector Fabricación de equipos de telecomunicacións. No sector contidos, as exportacións por valor de máis de 8 millóns de euros, experimentaron un crecemento do 37,1%.
Ás importacións aumentaron nun 8,1%, con respecto aos datos do ano pasado, acadando case os 147 millóns de euros. No plano das importacións o 69,5% corresponden a Fabricación de produtos electrónicos de consumo e a Fabricación de Equipos de Telecomunicacións.
Distribución territorial do emprego e evolución da fenda de xénero
A nivel laboral destacan Coruña e Pontevedra como as provincias que concentran unha gran parte do emprego xerado polo Hipersector TIC, cunha porcentaxe total do 87,9% de traballadores. Atendendo unicamente ao sector TIC, o incremento do emprego en ambas provincias aproxímase ao 10%. No sector contidos hai un incremento xeneralizado do emprego nas 4 provincias galegas.
No informe sinálase un dato relevante sobre a presenza da muller: “Por primeira vez desde 2016, o emprego feminino destaca cun forte crecemento do 6,9% por riba do masculino”. Porén, malia o devandito, as mulleres só representan un terzo do emprego do Hipersector TIC.
A innovación e a I+D no tecido empresarial galego
Os últimos datos recollidos na enquisa de innovación e I+D do INE mostran que 1.587 empresas galegas de 10 ou máis empregados realizaron algunha actividade innovadora no período 2018-2020, que representan o 22,5% das empresas galegas de 10 ou máis empregados. O número de traballadores en I+D a xornada completa en Galicia sitúase preto das 10.800 persoas.
O 8,4% das entidades galegas de 10 ou máis empregados compraron nova tecnoloxía, esta porcentaxe supera o valor estatal (7,2%).
Galicia consolídase como a sexta Comunidade Autónoma en número de empresas con actividades innovadoras.
O estudo lembra tamén que “a pesar dos datos comentados, existen diversos factores que dificultan a innovación das empresas, entre os que destacan a existencia doutras prioridades na propia empresa (46,2%) e, a consideración do elevado custo (24,3%)”.
Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative Commons e están dispoñibles na web do Observatorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?