Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 634 empresas galegas de entre 10 e 49 empregados recibiron o bono de dixitalización do Goberno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 634 empresas galegas de entre 10 e 49 empregados recibiron o bono de dixitalización do Goberno

S. P.
Publicado: 06/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

kit_dixital_digital.jpgO Goberno central vén de facer un balance da actividade xerada pola primeira convocatoria do programa Kit Dixital, dirixido a mobilizar apoios e recursos cos que mellorar o nivel de dixitalización das empresas. No informe faise saber que unha de cada dúas pemes de entre 10 e 49 traballadores en Galicia solicitaron estas axudas. Por certo que Kit Dixital é un programa do Plan de Recuperación, xestionado pola entidade estatal Red.es, co que o Goberno quere “impulsar a dixitalización das pequenas empresas, microempresas e autónomos e contribuír a modernizar o tecido produtivo”.
A un nivel máis concreto, no informe tamén se fai saber que das 6.427 empresas galegas de entre 10 e 49 empregados susceptibles de participar na primeira convocatoria de axudas de Kit Dixital, máis 3.100 solicitaron o seu bono dixital e só dous meses despois da apertura da convocatoria, 634 empresas xa o recibiron e poden empregalo nunha ou varias solucións dixitais que máis necesiten para o seu negocio. As 634 axudas concedidas ás nosas pemes supoñen máis de 8 millóns de euros procedentes dos fondos europeos NextGenerationEU.
A nivel nacional, máis de 61.000 empresas solicitaron a axuda das que 10.000 xa foron concedidas.
Por provincias, preto do 50% das empresas de entre 10 e 49 empregados da Coruña solicitaron a axuda. Esta provincia conta cun total de 2.648 empresas deste segmento, das cales 1.295 solicitaron a axuda de Kit Dixital. En Pontevedra, con 2.445 empresas desta modalidade, 1.189 solicitárono, un 48,6%. Lugo, pola súa banda, con 707 empresas deste tipo, 337 pediron o bono dixital, un 48%. En Ourense solicitaron a axuda 300 empresas de 627, un 47%.
As empresas interesadas poden solicitar as axudas na sede electrónica de Red.es. O prazo da primeira convocatoria dirixida ao segmento de empresas de entre 10 e 49 empregados manterase aberto ata o 15 de setembro.
Baixo a lema Cero papeis, Red.es deseñou un sistema de tramitación que cualifica de “moi innovador” e que se dirixe a axilizar os procesos usando ferramentas de robotización e Intelixencia Artificial, polo que se poderá solicitar a axuda sen achegar ningunha documentación, xa que será de abondo con que o empresario autorice á entidade estatal consultar de oficio os requisitos e obrigacións requiridos para obter a condición de beneficiario.
As pemes do tamaño especificado que solicitan os apoios poden acceder a bonos de axudas de 12.000 euros, cos que adquirir unha ou varias solucións de dixitalización como o deseño da súa páxina web, a xestión de redes sociais e comercio electrónico; xestión de clientes ou ciberseguridade, entre outras.
O catálogo de solucións de dixitalización pódese consultar na web de Acelera Pyne.
As bases reguladoras para a concesión destas axudas directas do Kit Dixital poden consultarse no BOE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?