Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI de Ourense acolleu en maio a primeira edición do MakerCamp
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI de Ourense acolleu en maio a primeira edición do MakerCamp

S. P.
Publicado: 06/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

makers322.jpgNo mes de maio, a Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense acolleu a primeira edición de MakerCamp, unha iniciativa organizada no marco do proxecto Interreg Emprende Makers que permite a 25 rapazas e rapaces achegarse dun xeito lúdico e práctico á programación, deseño e impresión 3D, videoxogos e robótica. A idea é fomentar que este colectivo, ademais de consumidores de tecnoloxía, sexan no futuro creadores dela.
A actividade está organizada polo Concello de Ourense, a través da área de Formación Ocupacional, Desenvolvemento Local e Promoción Económica, líder do proxecto Emprende Makers, e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus, membro tamén do proxecto.
Emprende Makers, explica Francisco Javier Rodríguez, director da ESEI, “busca fomentar o emprendemento en adultos pero tamén que as novas xeracións se acheguen a este mundo de oportunidades tecnolóxicas”. As rapazas e rapaces, apunta, xa son nativos dixitais e elementos como tabletas e robots forman parte do seu ocio. “O que queremos é que se acheguen tamén á programación desde pequenos”, afirma o responsable académico. De feito, arredor da metade das e dos participantes neste primeiro campamento son nenas, facendo fincapé Francisco Javier Rodríguez na importancia de rachar a fenda de xénero no eido TIC.
makers543.jpgNo MakerCamp rapazas e rapaces de entre 8 e 11 anos levan a cabo actividades baseadas na experimentación e no descubrimento relacionadas co mundo maker e as novas tecnoloxías: constrúen, programan e controlan robots pensados para o ámbito educativo; deseñan e imprimen as súas primeiras creacións en 3D; mergúllanse en mundos de Realidade Virtual e aprenden a programar os seus primeiros videoxogos con linguaxes básicas visuais. “Ademais de pór aos nenos e nenas en contacto con estas tecnoloxías, o obxectivo destes talleres é fomentar neles a visión de inventores, de creadores, non só de consumidores de tecnoloxía”, sinala Pablo Novoa, docente da actividade. Nunha “contorna superestimulante” para elas e eles, engade, “teñen a percepción de que están xogando cando en realidade están aprendendo a programar, pensamento computacional e, segundo a idade, conceptos de electrónica, realidade virtual ou impresión 3D”. Ademais desta edición, a iniciativa volverá a repetirse o 27, 28 e 29 de xuño e o 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, contando cunha media de 25 participantes en cada campamento.
O proxecto Emprende Makers foi aprobado na segunda convocatoria do programa Interreg V A España-Portugal (Poctep) 2014-2020 e está co-financiado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Liderado polo Concello de Ourense, ten como entidades beneficiarias, na parte galega, á Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, á Deputación de Ourense e á Universidade de Vigo, e por parte lusa ás cámaras municipais de Paredes de Coura, Melgaço e Vila Nova de Famalicão e á Universidade do Minho.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?