Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os retos postpandémicos e o metaverso centran os novos Almorzos Tecnolóxicos de R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os retos postpandémicos e o metaverso centran os novos Almorzos Tecnolóxicos de R

S. P.
Publicado: 06/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

r_almorzo_tecnoloxico_metaverso.jpgR vai organizar esta semana unha nova edición das súas Xornadas Tecnolóxicas. Será este xoves 9 de xuño no auditorio compostelán do Museo do Pobo Galego, onde concorrerán profesionais e altos responsables de empresas para escoitar expertos de varios sectores TIC e innovadores. Baixo o título O teu futuro decídelo hoxe, apúntate ao efecto dixital ofrecerase unha visión especializada e aberta para descifrar algunhas das claves que marcarán o devir do mundo de agora en diante.
Para comezar, o catedrático emérito da Universidade Ramón Llull, Santiago Niño-Becerra intervirá nas xornadas coa súa charla Un probable escenario, e ofrecerá a súa visión do panorama socio-económico en que nos atopamos inmersos despois de dous anos de crise sanitaria e económica a nivel mundial. En concreto, Niño-Becerra falará sobre o novo modelo produtivo e de negocio derivado deses acontecementos que nos marcaron; e exporá propostas para “a reinvención das persoas e das empresas que nos permitan adaptarnos e superar os retos dese escenario onde a tecnoloxía xoga e xogará un papel transcendental e indispensable”, avanzou a operadora R.
O conferenciante ofrecerá a súa visión sobre a economía mundial e abordará temas como a innovación, a fabricación avanzada, a loxística intelixente, a eficiencia enerxética, a sustentabilidade e a resiliencia, entre outras cuestións.
Roberto Romero, experto tecnólogo e especialista no denominado fenómeno do metaverso, disertará sobre este inminente espazo virtual que, segundo avanza R, “parece chamado a marcar fronteiras temporais no contexto das telecomunicacións”. Romero, quen na actualidade adícase á creación de contido interactivo en medios inmersivos de Realidade Virtual e Aumentada, falará sobre ese futuro universo onde poderemos relacionarnos cos/as clientes/as, e favorecer a venda de produtos reais e virtuais.
Coa súa charla Unha viaxe incrible: do ciberespazo ao Metaverso, este experto ofrecerá o seu enfoque acerca dalgúns interrogantes. Por exemplo: É o metaverso o futuro? Como se pode orientar ao negocio? Que é e que oportunidades ofrece?
O programa das Xornadas Tecnolóxicas R deste ano completarase, por unha banda, co caso de éxito da empresa Applus +, relatado polo seu responsable tecnolóxico e de dixitalización, Ramón María Rincón e, finalmente, cunha mesa profesional á que se unirán Niño-Becerra e Roberto Romero.
Este último panel, titulado Os cambios que chegan: está a túa empresa preparada?, contará tamén coas intervencións dos expertos en telecomunicacións Manuel Díaz, CIO de Luckia, Isidro Fernández de la Calle, director de Empresas de R, e Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia. Entre outras cuestións, os expertos debaterán sobre os cambios da orde mundial e tentarán calibrar ata que punto están preparadas as empresas para afrontalos actualmente. Así mesmo, está previsto que repasen estratexias ante este novo panorama e que analicen o impacto real dos fondos e axudas europeas para paliar problemas inherentes á nova conxuntura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?