Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Maker Faire Galicia 2022 rematou con chuvia de premios e máis de 10.000 visitantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Maker Faire Galicia 2022 rematou con chuvia de premios e máis de 10.000 visitantes

S. P.
Publicado: 07/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

maker_galicia_faire_final.jpgFinalmente pechou cun novo éxito de participación e repercusión a nova edición da Maker Faire Galicia, a primeira edición en formato híbrido da historia deste evento galego de tecnoloxías abertas, integradoras e participativas, o máis importante da súa índole do panorama estatal. Segundo salientou a organización (Design Thinkers and Makers), a oitava entrega do evento destacou “tanto polo grao de innovación dos proxectos presentados como pola calidade dos relatorios e a gran oferta de obradoiros”. Durante as 5 xornadas da Maker Faire Galicia 2022 celebráronse 3 competicións de proxectos, unha no ámbito da industria e as startups, outra no educativo e a última na xornada de portas abertas.
maker_galicia_faire_.jpg Nas xornadas da industria os proxectos gañadores foron:
1º Agrodomo Inteligente – Centro de Diseño Tecnológico Industrial del Valle (Colombia)
2º SmartPAL – Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
3º Siluro – Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo
Por outra banda na xornada educativa os proxectos gañadores resultaron ser os seguintes
Na categoría MiniMakers:
Miniciudad inteligente – CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón
Na categoría Makers:
Adapta Maker – CEE Ntra Sra Lourdes e IES Menendez Pidal
Na categoría MakersPro:
Chatterbox Salesianos Zaragoza
Proxecto máis popular: Aeronave tripulada – CIFP As Mercedes
E xa nas xornadas abertas os proxectos galardondos foron:
Na categoría Divulgación:
1º Premio – Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
2º Premio – Mundobichos
3º Premio – NeurotechGal
Recoñecemento do xurado – VermisLAB
Na categoría Makers:
1º Premio – Bastón electrónico 2.0 – Juan Antonio Sánchez
2º Premio – EduMaker Ghana – Fab Lab Xtrene Almendralejo
3º Premio – Robots de cine – Project Droid
Na categoría MiniMakers:
Miniverso – Noa e Leo
Healthy Kingdom – VermisLAB
PatacaCHÚ – VermisLAB
maker_falicia_fairemf-foto-final-2.jpg Durante a xornada do domingo tamén se entregou o premio ó proxecto gañador da terceira edición da Game Maker Jam, que foi para Find de Vaca-Bot de BIBALLO (Madrid). Ademais, Luz Castro xurado da Game Maker Jam, foi agasallada co premio á colaboradora máis friki da Maker Faire Galicia 2022.
Seguidamente tivo lugar o recoñecemento ó proxecto gañador do hackathon de tecnoloxías de apoio, que foi para o equipo composto por Begoña Trujillo, Pilar González, Rosa María Chacón, Jesús Escandón, Juan Antonio Sánchez, Sergio Dacal e Yago-Nguyen Rodríguez, que resolveu o reto proposto pola ONCE e que consistía no recoñecemento facial en porteiros automáticos para persoas cegas ou xordo-cegas
Para pechar o evento, a organización decidiu outorgar o premio Maker De Mérito a Gitanjali Rao, por “ser unha referente do mundo maker a nivel internacional e por traballar en solucionar os grandes problemas da humanidade”.
Os datos provisionais confirmaron que máis de 10.000 visitantes acudiron á feira tecnolóxica, tanto virtuais como presenciais, durante as 5 xornadas que durou o evento.
A 8ª edición da Maker Faire Galicia 2022 contou entre outros co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD). Realizouse coa colaboración de la Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?