Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DATAlife ofreceu apoio dixitalizador a 2.000 pemes galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DATAlife ofreceu apoio dixitalizador a 2.000 pemes galegas

S. P.
Publicado: 07/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

No centro, o presidente de DATAlife, Pablo Álvarez Freire, acompañado de Rocío Mosquera (á súa dereita), vogal do Hub; de Carme Pampín (á súa esquerda), tesoureira de DATAlife; e doutros membros da xunta directiva do DIH
No centro, o presidente de DATAlife, Pablo Álvarez Freire, acompañado de Rocío Mosquera (á súa dereita), vogal do Hub; de Carme Pampín (á súa esquerda), tesoureira de DATAlife; e doutros membros da xunta directiva do DIH
A iniciativa galega DATAlife Hub de Innovación Dixital (DIH) fixo balance da súa actividade de apoio ás pequenas e medianas empresas con vistas a dar pasos en materia de dixitalización e transformación. En concreto, brindou axuda e asesoramento a 2.000 pemes galegas dos sectores agro-mar, alimentación, biotecnoloxía, forestal e saúde-coidados. Así quedou de manifesto na cuarta asemblea xeral ordinaria de DATAlife, celebrada o pasado 3 de xuño na sede do Grupo Zendal, no Porriño. É a primeira xuntanza presencial destas características que celebra o DIH, proxecto posto en marcha en 2019.
Á asemblea acudiron representantes do dezasete asociados do Hub e Sabela Pardo Rodríguez, directora da área de Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación (GAIN), que destacou o traballo realizado por DATAlife nos distintos sectores clave para a economía de Galicia grazas ao apoio da propia axencia autonómica que dirixe Patricia Argerey.
A asemblea renovou a xunta directiva ata 2024, que seguirá presidindo Pablo Álvarez Freire, adxunto á dirección xeral de Grupo Zendal, e ratificou a entrada da operadora Vodafone como novo socio.
O evento serviu tamén para aprobar as contas de 2021 e máis a a memoria de actividades, onde destaca a devandita cifra de 2.000 pemes beneficiadas. Así mesmo, foi aprobado o plan de actividades de 2022 e o orzamento de DATAlife para impulsar a dixitalización das pemes galegas de sectores estratéxicos, que supera o medio millón de euros.
A asemblea, así mesmo, ratificou a Pablo Álvarez Freire, adxunto á dirección xeral do grupo biofarmacéutico Zendal, como presidente do Hub de Innovación Dixital. En base a isto, continuará á fronte de DATAlife ata 2024. “Estamos a afianzar a nosa actividade; unha actividade que busca achegar valor ás pemes galegas relacionadas coas ciencias da vida a través da súa dixitalización, da súa aposta pola innovación”, recalcou Pablo Álvarez Freire, quen engadiu que DATAlife “vai por bo camiño para poder situarse como hub de referencia para os sectores estratéxicos da economía de Galicia”.
A xunta directiva complétana Sebastián Pantoja (responsable da División de Propiedade Intelectual e Xestión da Innovación de Televés), que exerce como vicepresidente; Carme Pampín (presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida – Bioga e conselleira delegada e fundadora de GalChimia), que asume as funcións correspondentes á tesouraría; Luis Pérez (director xeral do Centro Tecnolóxico Gradiant), que terá a responsabilidade da secretaría; Rocío Mosquera (xerente de Galaria e presidenta de Clúster Saúde de Galicia), Roberto C. Alonso (secretario xeral en ANFACO-CECOPESCA) e Vicente Pérez Muñuzuri (vicerreitor de investigación da Universidade de Santiago de Compostela). Este tres últimos membros da xunta exercerán como vogais.
DATAlife quixo aproveitar a celebración da reunión de traballo para dar a benvida aos representantes de tres das entidades asociadas que acudiron á reunión: Lois Orosa, director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA); Fernando Val, director xeral do Centro Tecnolóxico EnergyLab; e Carmen Cotelo, xefa do departamento de innovación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA). DIH tamén ratificou a entrada como socio da compañía Vodafone, efectiva desde o ano 2021. A operadora é a primeira firma do sector de telecomunicacións en adherirse a esta iniciativa, que busca converter a Galicia nunha rexión Next Generation pioneira en Europa, mellorando a competitividade das pequenas e medianas empresas a través da innovación e a súa dixitalización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?