Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña participa no encontro estatal sobre destinos turísticos intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña participa no encontro estatal sobre destinos turísticos intelixentes

S. P.
Publicado: 07/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_coruna_vicepresidente.jpgA Deputación da Coruña vai participar de xeito activo na quinta edición do Congreso Digital Tourist que organiza a Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (AMETIC). O encargado de representar á entidade provincial neste encontro estatal sobre destinos turísticos intelixentes será o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira. A cita é este venres 10 de xuño, na Casa Consistorial de Benidorm. Contarase coa participación da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.
O relatorio de Xosé Regueira enmárcase na mesa redonda que leva por título Turismo rural: el papel de las diputaciones, na que se abordará como o turismo intelixente no territorio incide no desenvolvemento económico do medio rural. Neste panel, terá unha especial relevancia como a pandemia modificou os hábitos turísticos e que tipo de oportunidades se derivan dese cambio, así como o papel das administracións provinciais na promoción dun turismo sustentable, competitivo e accesible.
O vicepresidente da Deputación da Coruña compartirá mesa redonda cun representante da Deputación de Alacante, coa deputada de Turismo da Deputación de Cáceres, Patricia Valle, e co asociado de AMETIC, Ignacio Albendea. A mesa estará coordinada por Javier Martínez Belotto, coordinador do grupo de traballo Pueblos digitales sostenibles da AMETIC.
O Congreso Digital Tourist reúne a responsables sectoriais do ámbito da empresa dixital e a representantes políticos e administrativos a nivel estatal, autonómico e provincial. En total, celebraranse doce mesas redondas e relatorios que abordarán, entre outras cuestións, como a tecnoloxía actual permite detectar patróns de comportamento, controlar aforos nos principais puntos de concentración turística, como abordar a transición turística sustentable en materia de redución da pegada de carbono e de consumos de auga, ou como promover un turismo de interior consciente baseado na riqueza cultural, patrimonial e de natureza dos distintos territorios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?