Instagram activou hoxe unha interesante funcionalidade para os seus usuarios: a posibilidade de fixar ata 3 publicacións ou Reels na parte superior do seu perfil.
O procedemento a seguir é moi sinxelo: chega con acceder á publicación ou Reel que queiramos destacar, premamos aos tres puntos que hai na súa parte superior e logo elixir fixar no perfil. Deste xeito, cando alguén visite o noso perfil, verá como primeiras publicacións as que teñamos fixadas na parte superior, o que axuda a que se faga de xeito máis doado o tipo de contido que vai atopar, poida localizar ao momento unha publicación que sexa popular (se tivemos o detalle de destacala) ou tamén podemos ver así un contido importante que non queiramos que se perda pola chegada de novas publicacións.
A posibilidade de fixar contidos na parte superior dos perfís leva moito tempo presente en plataformas como Facebook e Twitter, e incluso en TikTok ten unha forte presenza (principalmente para destacar as publicacións que se fixeron virais para así facilitar a súa localización), polo que era inevitable que Instagram fose no mesmo camiño para non quedar atrás.
Instagram permite fixar publicacións nos perfís dos usuarios
Compartir Este Artigo
