
N cita, a xefa do Departamento de Promoción Institucional e Cooperación Territorial do CDTI, Mª Pilar González Gotor, explicará as liñas de apoio do organismo estatal á I+D+i empresarial. Así mesmo, informará sobre os resultados das entidades galegas nos programas do ente estatal.
Pola súa banda, Juan Antonio Tébar Chumillas, director de Programas da UE e Cooperación Territorial do CDTI, exporá as axudas do Consello Europeo de Innovación (EIC) no marco do novo programa marco comunitario, Horizonte Europa.
Por último, Patricia Fernández Liz, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación, dará a coñecer as sinerxías entre os apoios estatais, europeos e galegos á I+D+i empresarial, como a nova liña de axudas Bonos de Innovación ou a convocatoria de rescate de proxectos Neotec.
A xornada está dirixida a todos os axentes do sistema galego de innovación. Ademais, aquelas empresas ou persoas que o desexen poderán solicitar reunións bilaterais con persoal do CDTI para realizar consultas e solicitar orientación sobre as súas axudas.
GAIN mostra nunha xornada as liñas de apoio do CDTI para a innovación das nosas empresas
Compartir Este Artigo

