Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso Flúor pechou con 300 asistentes presenciais e un milleiro por Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Congreso Flúor pechou con 300 asistentes presenciais e un milleiro por Internet

S. P.
Publicado: 10/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

congreso_fluor_marketing_digital-dia_2-foto_5.jpgO 4º Congreso Atlántico de Mercadotecnia Dixital (Congreso Flúor) clausurouse venres 10 de xuño. Fíxoo cunha participación de máis de 300 asistentes presenciais e máis de 1.000 conectados por internet (streaming). O obxectivo foi achegarlles dúas xornadas sobre novas tendencias, como a mercadotecnia consciente, os podcast, as novas estratexias de captación de clientes e, sobre todo, o metaverso, “un auténtico mundo dixital que se converterá nunha realidade efectiva para a mercadotecnia e os negocios de Galicia e de todo o mundo”, segundo coincidiron os expertos convidados. Flúor celebrouse no auditorio de AFundación en Pontevedra. Participaron 22 relatores de España e Portugal.
congreso_fluor_marketing_digital-dia_2-foto_3.jpgEste venres o congreso ofreceu catro talleres prácticos sobre temáticas especializadas como os podcast, o metaverso ou a aplicación da ciencia de datos en mercadotecnia.
Samuel L. París, creador de contidos e estratexias en Axencia Nasas, falou sobre o Podcast como ferramenta de mercadotecnia. Pola súa banda, Pablo Borrás García, director executivo e fundador de 2beDigital, titulou o seu obradoiro A oportunidade do Metaverso: Da web 2 á web 3.
Patricia Ricon Rodriguez, planificadora de medios en Avante Evolumedia, falou sobre eficacia e publicidade no seu taller É xa o banner un formato mainstream? e Joan Miró, co-fundador e manager xeral en Kraz (Viko Group), falou sobre Clusterización de clientes aplicando ciencia de datos.
Tamén nesta xornada de clausura, o Congreso Flúor deu este ano un paso máis na súa colaboración coa Universidade de Vigo e a súa Facultade de Comunicación, cun encontro novo de citas rápidas ou speed dating, no cal 17 alumnos a piques de graduarse na Facultade presentáronse en moi poucos minutos ante 11 de axencias de mercadotecnia e comunicación, coa finalidade de incorporárense ao seu persoal.
congreso_fluor_marketing_digital-dia_2-foto_1.jpgPara pechar, o congreso finalizou cun percorrido pola zona histórica de Pontevedra, guiados pola Concellaría de Turismo.
O congreso está organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia, que une a toda a cadea de valor da comunicación de Galicia: profesionais de mercadotecnia, de comunicación, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, de medios, mercadotecnia dixital, impresores, etc.
O patrocinador principal do Congreso continúa sendo a Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, cidade que acolle a versión presencial desde o seu inicio en 2019, e cuxa imaxe está presente durante a retransmisión en liña do congreso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?