Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mulleres Salgadas e a Deputación de Pontevedra formarán ás traballadoras do mar en competencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mulleres Salgadas e a Deputación de Pontevedra formarán ás traballadoras do mar en competencias dixitais

S. P.
Publicado: 13/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mulleres_salgadas_deputacion_pontetvedra_cursos_tecnoloxias.jpgA Asociación Mulleres Salgadas e a Deputación de Pontevedra formarán este verán ás traballadoras do mar en competencias dixitais. Farano ao abeiro dun proxecto formativo con dous cursos enfocados á integración das mulleres do sector nas novas tecnoloxías que, como destacou a presidenta provincial Carmela Silva, “son clave para acadar o reto da transformación dixital”, en o caso concreto deste sector, son un reforzo para conseguir o apoderamento das traballadoras.
A presidenta provincial compareceu xunto á presidenta de Mulleres Salgadas, Dolores Gómez, e outras representantes do colectivo, e quixo destacar o papel que está a xogar esta asociación, que agrupa a 1.600 galegas, para visibilizar ás mulleres do mar e conseguir que “teñan voz e voto á hora de tomar decisións no sector pesqueiro”.
Como explicou a presidenta de Mulleres Salgadas, Dolores Gómez, serán dous os cursos que se celebrarán entre xuño e agosto. Un deles leva por título Alfabetización dixital +55, “e busca que estas mulleres non se sintan desprazadas por non ter estes coñecementos”. Trátase dun curso básico orientado ás mulleres de estas idades que as axudará a familiarizarse con cuestións como a creación do correo electrónico, a videochamada, a navegación por Internet ou a banca electrónica.
O segundo curso é Participación cidadá a través de tecnoloxías dixitais, e será de iniciación, co obxectivo de mostrar ás participantes ferramentas prácticas na vida cotián relacionadas coas novas tecnoloxías, con conceptos como a acreditación dixital, xestións telemáticas básicas, notificacións ou sede electrónica entre outros.
Serán un total de dez sesións, cinco de cada un dos cursos, que se celebrarán nos concellos de Vilanova, Cambados, A Illa de Arousa, O Grove e Vilagarcía en horario de tarde e que teñen un máximo de dez prazas cada un. En xuño e xullo celebrarase o curso de Alfabetización dixital +55 (20 e 27 de xuño e 4 e 11 de xullo en Vilanova; 21 e 28 de xuño e 5 e 12 de xullo en Cambados; 29 de xuño e 6,13 e 20 de xullo na Illa; 23 e 30 de xuño e 7 e 14 de xullo no Grove e 24 de xuño e 1, 8 e 15 de xullo en Vilagarcía), mentres que o de Participación cidadá a través das tecnoloxías dixitais será en agosto (1,8,22 e 29 en Vilanova; 2,9,16 e 23 en Cambados; 3, 10, 17 e 24 na Illa; 4, 11, 18 e 25 no Grove e 5, 12, 19 e 26 en Vilagarcía). Para os primeiros as inscricións comezan mañá venres 10 de xuño, mentres que para os de agosto se abrirán o 22 de xuño e as interesadas poden facelas no enderezo electrónico info@mulleressalgadas.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?