Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa son 140 os concellos galegos onde R proporciona cobertura 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa son 140 os concellos galegos onde R proporciona cobertura 5G

S. P.
Publicado: 13/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

5g_r_galicia.jpgR fixo este mes de xuño un novo e completo balance sobre a presenza da súa tecnoloxía 5G na xeografía galega. Segundo fixo saber a operadora con sede principal na Coruña, xa son 140 os concellos da nosa terra onde a empresa proporciona cobertura 5G. “Esta tecnoloxía”, salienta R, “multiplica por 10 a velocidade dos datos, reduce a latencia ao mínimo e permite xestionar unha cantidade inxente de información”.
A xeito de novidade, a operadora anuncia que os clientes de móbilR disporán desta tecnoloxía avanzada de quinta xeración en zonas cubertas, con independencia da tarifa que teñan contratada (sempre que teñan un terminal compatible coa 5G).
Amais, R agarda que ao longo de 2023 sexa posible acadar, en materia de 5G, a mesma cobertura que hoxe existe en Galicia de 4G. O obxectivo, indica a empresa, “é conseguir que a comunidade poida competir con calquera mercado ao máximo nivel e os fogares e empresas da comunidade dispoñan dos servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio”.
Estes son os beneficios máis destacados que a tecnoloxía 5G lles vai ofrecer aos seus clientes:
“Maior velocidade de navegación e de baixada, para descargar películas e vídeos en tempo récord”.
“A mellor calidade de imaxe en todos os servizos”.
“Descarga e suba de arquivos a toda velocidade e accesos ás redes sociais nas mellores condicións”.
·Menor latencia, con acceso case inmediato ao navegador e ás aplicacións móbiles, aplicacións de vídeo, gaming, etc”.
“Máis persoas conectadas ao mesmo tempo; ao dispor dunha maior velocidade gozarán da súa conexión sempre nas mellores condicións de calidade de servizo”.
“Novos servizos: Realidade Virtual ou aumentada case en tempo real”.
Cobertura estatal do 57%
No balance, R fai saber que o 57 % do territorio nacional dispón de cobertura 5G co servizo da
operadora, co que” moitos viaxeiros clientes nosos poderán gozar da nova tecnoloxía fóra de Galicia dende este mesmo verán en gran parte de España”, explica, poñendo o foco nos esforzos levados a cabo para facer posible esta presenza da 5G: esforzos despregados pola empresa en materia de infraestrutura e no ámbito da migración, trasladando aos seus usuarios particulares á nova rede cunha “cobertura sensibelmente mellorada”.
Municipios, por provincias, con 5G en Galicia
A Coruña: Abegondo, Ames, Ares, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cee, Coirós, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Miño, Mugardos, Muros, Narón, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Valdoviño e Vedra.
Lugo: Barreiros, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Chantada, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Foz, Friol, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Portomarín, Ribadeo, Sarria, Sober, Vilalba e Viveiro.
Ourense: Allariz, O Barco de Valdeorras, Os Blancos, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Lobeira, Maside, Monterrei, Ourense, Piñor, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Toén, Verín, Vilamarín, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
Pontevedra: Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Crecente, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, As Neves, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?