Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG avalía nunha xornada o futuro da xestión dos documentos dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG avalía nunha xornada o futuro da xestión dos documentos dixitais

S. P.
Publicado: 13/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

archivos_documento_arquivos_ccg.jpgA xornada 37 dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural, organizados pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, vai pór o foco en reflexionar sobre como han de ser os arquivos que custodian documentos históricos, como se debe abordar a xestión dos documentos dixitais e cal será o papel dos arquivistas. Rosario Álvarez, presidenta do CCG, máis Rebeca Blanco-Rotea e Olimpia Rodríguez, coordinadora e membro da Sección de Patrimonio respectivamente, inaugurarán esta actividade presencial que tamén se pode seguir en directo a través da web e das redes da institución. A cita será este martes 14 de xuño pola tarde.
A nova sesión dos Encontros Monográficos do Patrimonio Cultural busca afondar no concepto do patrimonio documental, cuxa definición, en palabras do CCG, é unha definición limitada “tendo en conta a realidade actual coa aparición dos documentos dixitais que urxen introducir cambios para que os centros da memoria participen na conservación/xestión dunha memoria non discriminatoria en razón de sexo, raza ou orixe rural”.
En definitiva, a xornada ten o obxectivo de afondar sobre como serán os arquivos que se deberán conservar, como se construirá o patrimonio documental ou como ese patrimonio se vinculará a outros.
Luis Martínez García, coordinador xeral de Arquivos e director do Arquivo de Castela-A Mancha, será o encargado de abrir a cita cun relatorio titulado Necesitamos un novo modelo de patrimonio documental nun mundo dixital?. De seguido, María Dolores Pereira Oliveira, directora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo e membro do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG (CDIF), tratará de responder á pregunta de para quen son os arquivos e patrimonio documental. Pecha a xornada, Fátima Rodríguez Coya, arquiveira do Goberno do Principado de Asturias, cunha intervención titulada Perspectivas para un legado documental en común.
Esta xornada insírese nunha liña de traballo da Sección de Patrimonio e Bens Culturais da institución que está coordinada por Rebeca Blanco Rotea. Está composta por profesionais como Nieves Amado, Carlos Amoedo, Rosa Benavides, Ana Estévez, Olimpia López, Daniel Lorenzo, Juan Monterroso, Ángeles Penas, Francisco Xabier Redondo, Cristina Sánchez-Carretero, Iago Seara, Luisa Serrano e Hortensio Sobrado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?