Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aldaba doa equipos informáticos á poboación ucraína refuxiada en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aldaba doa equipos informáticos á poboación ucraína refuxiada en Galicia

S. P.
Publicado: 14/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aldaba_doazon_ucraina.jpgA empresa coruñesa Aldaba vén de compartir os detalles dunha iniciativa solidario-tecnolóxica co pobo ucraíno, asolado pola guerra perpetrada por Rusia ha xa 111 días. A iniciativa consistiu nunha doazón de equipos informáticos destinados a persoas refuxiadas do país da Europa do Leste en Galicia. En concerto, irán dirixidos a 11 estudantes ucraínos residentes agora na nosa terra, coa finalidade de facilitar as súas clases online. Aldaba, ao abeiro das súas firmes liñas estratéxicas en materia de RSC (Responsabilidade Social Corporativa), entregou formalmente os equipos informáticos á organización AGA-Ucraína.
En palabras da empresa galega, “a guerra en Ucraína cumpriu 111 días e cóntanse por centenares as persoas daquel país que solicitaron protección en Galicia. As súas necesidades son innumerables desde as máis básicas, de alimentación e refuxio, ata outras que pasan por escolarización, posibilidades de traballo ou medios de comunicación”. É neste punto de coordinar todos os esforzos e cubrir todas as necesidades da poboación onde entra en xogo o labor da Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína).
A doazón de equipos informáticos xurdiu a través dunha proposta dos profesores da Universidade da Coruña, Virginia Mato, directora da Cátedra Aldaba-WIB (Women, ICT & Business), e Miguel González, pensando na necesidade de colaborar coas persoas refuxiadas que actualmente viven en Galicia. “Para elas, contar con computadores e ouros elementos TIC é crucial á hora de comunicarse, tanto con familiares e amizades, como coas propias organizacións de axuda, así como para xestionar trámites administrativos ou posibilitar, como neste caso, a asistencia ás clases online. Pareceunos unha maneira efectiva e práctica de axudar desde Aldaba”, indicou Enrique Fernández, director de Aldaba.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?