
Asistirán Alicia Estévez, vicepresidenta da RAGC, María José Mariño, directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña, Luís Otero, delegado para Transferencia do Coñecemento da Universidade de Santiago e máis Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo. A cita será ás 19.00 horas no pazo de San Roque, sede da RAGC.
Os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2022 e o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2022 foron convocados novamente pola RAGC en colaboración da Axencia Galega de Innovación, aos que se suma o Premio RAGC de Divulgación Científica 2022.
A RAGC e GAIN entregan este mércores os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia
Compartir Este Artigo

