Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: High Tech Auto de Galicia lanza dende Vigo a súa cuarta convocatoria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

High Tech Auto de Galicia lanza dende Vigo a súa cuarta convocatoria

S. P.
Publicado: 14/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

high_tech_auto.jpgA sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo acolleu este martes 14 de xuño o acto de lanzamento da cuarta edición da incubadora de alta tecnoloxía High Tech Auto, destinada a captar proxectos de emprendemento no ámbito da automoción e a súa transformación intelixente, eficiente e sustentable. O período para presentar candidaturas estará aberto ata o 21 de setembro.
Asistiron ao acto deste martes o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades; o alcalde de Vigo e presidente do Consorcio, Abel Caballero; o vicepresidente e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta, Francisco Conde; así como o presidente da Fundación CEAGA, Roberto Cavallo; e a directora de Proxectos FEDER da Fundación INCYDE, Natalia Vázquez.
David Regades destacou que “en Zona Franca temos moita experiencia e coñecemento, porque levamos unha década pondo en marcha incubadoras e aceleradoras con datos que falan por si sós: 1.350 proxectos acelerados e uns 1.500 empregos creados”. O delegado do Estado salientou tamén os datos da incubadora HTA, que en tres edicións xa apoiou a 54 emprendedores e impulsou a constitución de 14 empresas e 8 prototipos. Engadiu que a intención da Zona Franca é converter Vigo en protagonista do automóbil do futuro.
Abel Caballero, explicou que “a incubadora High Tech Auto sitúanos como polo de innovación no sector da automoción. Vigo destaca polo seu carácter emprendedor e tamén pola formación da súa Universidade”. Engadiu que “é difícil atopar unha cidade coa cultura de emprendemento como ten Vigo”.
Pola súa banda, Francisco Conde, Conde, enxalzou a colaboración entre o Consorcio Zona Franca de Vigo, a Fundación INCYDE e a Xunta de Galicia, e apuntou que este programa “contribúe á competitividade do sector da automoción a través da transferencia de tecnoloxía a toda a cadea de valor”. Tamén apuntou que esta incubadora forma parte do ecosistema de innovación que rodea o sector galego da automoción, e remarcou a necesidade de apostar por este sistema porque, segundo incidiu, “é o que dá valor engadido a esta industria e o seu gran aval”.
O acto de lanzamento da cuarta edición da HTA contou coa experiencia de dous proxectos incubados: Rita Carou, de Navia 3D e Javier Miralles, de Siscar-Connect.
A incubadora abriu este martes as portas dos seus programas e servizos a estudantes, emprendedores, spin-outs, spin-offs e/ou start-ups, nacionais e internacionais, que teñan un proxecto no sector de automoción e loxística.
O período de convocatoria está aberto desde o 14 de xuño ata o 21 de setembro de 2022, aceptándose só as inscricións realizadas mediante o formulario online dispoñible na súa web oficial www.htauto.gal. Tras o período de convocatoria, seleccionaranse o dez proxectos que formarán parte da cuarta edición da High Tech Auto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?