Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AAAG e o Concello da Coruña celebran a María Casares cun podcast biográfico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AAAG e o Concello da Coruña celebran a María Casares cun podcast biográfico

S. P.
Publicado: 15/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

roteiro_maria_casares_coruna_aaag_roteiro_promo.jpgA Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e o Concello da Coruña van render homenaxe á actriz María Casares, no ano do seu centenario, con diferentes actividades a pé de rúa e, tamén, a pé de Rede. O obxectivo destas accións, sinalaron, “é apoiar a dinamización da exposición retrospectiva sobre a actriz que acolle Quiosco Alfonso ata o vindeiro 24 de xullo”. Inclúese un roteiro polas as rúas da Coruña na que medrou María Casares e a gravación dun podcast biográfico en tres sesións que se celebrarán no propio Quiosco. As dúas actividades desenvolveranse abertas ao público e contarán coa participación de actores e actrices.
O roteiro disporá de dúas convocatorias, celebrándose a primeira delas este sábado, 18 de xuño. A ruta urbana, que transitará por espazos de especial significado nos primeiros anos de María Casares, estará guiado polo historiador Emilio Grandío e a investigadora María Lopo e contará coa participación do actor Gonzalo Uriarte, quen se encargará de ler diferentes cartas que Santiago Casares Quiroga escribiu á súa filla, María Casares. Pola súa banda, Matilde Blanco poralle voz á propia Casares ao ler fragmentos das súas memorias Residente Privilexiada. O punto de saída será a Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12) ás 12.00 h. A segunda convocatoria será o sábado 2 de xullo.
roteiro_coruna_maria_casares.jpg Cada un dos roteiros, que ten unha duración aproximada de dúas horas, conta cun total de 30 prazas e para participar neles cómpre a inscrición previa a través do formulario na web da asociación. A reserva de praza será por estrito orde de inscrición e cada inscrición será individual.
Podcast biográfico
A segunda das actividades que organiza o Concello da Coruña coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) leva por título María Casares: da Coruña a Residente privilexiada. Tratarase da gravación dun perfil biográfico a través da presentación de María Lopo, comisaria da exposición María Casares, actriz océano. Itinerario dunha exiliada, e a lectura dramatizada de diferentes actrices de textos importantes na traxectoria da célebre interprete nacida na Coruña en 1922.
A gravación, que se desenvolverá aberta ao público, dividirase en tres sesións que se celebrarán os martes 5, 12 e 19 de xullo ás 19,00 horas no auditorio do segundo andar do Quiosco Alfonso. Cada unha destas sesións centrarase nun aspecto fundamental de María Casares: a infancia na Coruña, o exilio e o teatro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?